15 Novembro, 2006
Vodafone anunciou en Nova Celandia o seu servizo móbil de banda larga (do que falaron o martes en Microsiervos) dun curioso xeito:
A verdade é que é un xeito de ilustrar a mobilidade que nunca vira, e que seguro que vai ter éxito alí onde se emita o anuncio (xa estou a imaxinar á xente facendo xestos cando falan da Internet móbil, como cando miña nai fala da Informática e fai xestos de escribir a máquina… ¡e non de manexar un rato!).