Volve á TVG A Casa da Conexa

Tras unha paréntese na pequena pantalla, os personaxes máis coñecidos dos Dous de Sempre, as Cantareiras de Ardebullo, volverán a aparecer regularmente na TVG nun espazo chamado A Casa...

Tras unha paréntese na pequena pantalla, os personaxes máis coñecidos dos Dous de Sempre, as Cantareiras de Ardebullo, volverán a aparecer regularmente na TVG nun espazo chamado A Casa da Conexa. que é xusto como se titulara o seu especial de Nadal. Para dar a coñecer o novo espazo xa fixeron xira polos micrófonos da Radio Galega (e máis que farán) e tamén visitaron A Revista para deixarnos con ganas de máis:

Aínda que tanto Marcos como Touri parécenme uns xenios, a min fanme máis graza as súas intervencións corais en Era Visto. Vaia, que antes, cando me cruzaba con eles pola CRTVG, dicía na casa que vira a Nucha (ou Mucha) e agora teño que dicir que atopei a Kevin José (ou a Puskas). Está claro que, se eles queren, non hai dios que os encasille nun único personaxe.

Hai que recoñecer que foi todo un detalle que Marcos adiantase que Nucha e Mucha van facer uso do Pandeireta PRO no novo programa, ou sexa, que imos ver na tele aos amigos de Taptil (aínda que a partir de agora eu chamareinos Tiptap). ¡Esperamos impacientes!

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS