As series da Galega estrean .gal

Hai cousa dun mes Lucía Regueiro compartíu nas redes sociais un vídeo cunhas declaracións súas que ían saír nun novo espazo web da TVG dedicado ás series da TVG,...

EnSerie.gal

Hai cousa dun mes Lucía Regueiro compartíu nas redes sociais un vídeo cunhas declaracións súas que ían saír nun novo espazo web da TVG dedicado ás series da TVG, EnSerie, o que me levou a descubrir a versión en probas desa nova plataforma para reivindicar as grandes ficcións televisivas que se están a facer en Galicia, e que nos últimos anos parecen vivir unha nova época dourada, que lembra ao que no seu día foron grandes producións como Mareas Vivas ou Matalobos.

Serramoura Sensations

Eu estaba moi pendente desta nova páxina web, coa que estaba entusiasmado, por facer máis visibles auténticas xoias para min como 4º Sen Ascensor, e dinamizar os novos éxitos, dando a impresión de que Serramoura era a cerna deste apartado da web da Galega, de xeito que a última serie de moda serviría como reclamo para que os espectadores se achegasen un pouco máis ao resto de producións que poden verse na TVG, pero ao ir pasando as semanas medraba a miña preocupación. Serramoura ía dicir adeus e a páxina seguía sen estrearse oficialmente, e por fortuna, o pasado xoves decidiron anunciar a versión en probas de EnSerie.gal, espazo que consegue chegar antes do remate da primeira tempada de Serramoura, e que durante o mes de marzo achegará algunhas sorprensas cando se estree a súa versión definitiva.

Agora podemos rexistrarnos, votar ás nosas series favoritas, ver os capítulos á carta, enterarnos das novas sobre as series e incluso ver curiosos rankings que poden levarnos a discutir sobre se a selección realizada se axusta aos nosos gustos. Quen é o actor máis querido da Galega? Cal é a actriz máis atractiva da pequena pantalla? Cadaquén ten os seus gustos, pero defender cada opinión ten o seu aquel. Así que só podo convidarvos a visitar a nova web, para que, se non estades enganchados a Serramoura, Pazo de Famlia ou algunha outra serie, atopedes un cebo no que picar. Estades avisados! 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS