12 Agosto, 2013
Na celebración da Hobby Con coñecín ás mozas de Funtastic Workshop (si, as que tiñan esas curiosas coirazas de superguerreiro), ás que liei uns minutos para falar na Radio Galega, e unha delas achegouse a min durante Viñetas desde o Atlántico para comentarme que preparan un disfrace de Wonder Woman para o concurso de cosplay que ía celebrarse o sábado. Por desgraza, sempre estou ausente nas fins de semana de Viñetas, polo que ía perderme o divertido concurso, pero hoxe levei unha alegría ao ver que o traballo desas mozas tan orixinais víase premiado, gañando o concurso coruñés.
Supoño que agora a presión será moi grande, pois para o ano que vén terán que superarse de cara a ExpOtaku e a HobbyCon, pero mentres, podemos ver as pezas que están a pór á venda en Etsy, plataforma dende a que venden as súas creacións dende hai pouco. No momento de escribir estas liñas teñen dende seu casco de valquiria ata os mitóns de Iron Man. ¡Que non se diga que non fan cousas chulas!
Debe estar conectado para enviar un comentario.