Un venres moi friki en Viñetas desde o Atlántico

O venres tocábame despedirme de Viñetas desde o Atlántico, pois ía pasar a fin de semana en Melide, e tras dar unha última ollada aos expositores, achegueime ao fondo...

Videoxogos en Viñetas desde o Atlántico
O venres tocábame despedirme de Viñetas desde o Atlántico, pois ía pasar a fin de semana en Melide, e tras dar unha última ollada aos expositores, achegueime ao fondo da rúa Paseo de Coches para ver como había rapaces de distintas idades repartindo piñas nos xogos de loita de moda.

Nintendo 64 edición Pokémon
Un pouquiño máis desagradable era ver que non só tiñan unha PlayStation 3 para xogar ao Super Street Fighter IV, senón que xunto á mesma posaba con descaro unha edición Pokémon dunha Nintendo 64. Ai, se algúns pais tivesen lanzado un hadouken a tempo, cantas cousas horrendas deixarían de estorbar nos seus fogares 😉

Ryu vs Bison en Viñetas desde o Atlántico
Iso si, de hadoukens e ultras había bastante experiencia nas competicións que podían verse no lugar, no que para min é unha demostración de que dende que é posible xogar a estes títulos dende a casa, o nivel é moi superior que cando se xogaba en recreativas.

Karaoke de cancións de anime en Viñetas desde o Atlántico
Pero o máis divertido da xornada foi o concurso de karaoke de cancións de series de animación xaponesas, nas que afeccionados ao anime (maioritariamente rapazas disfrazadas) cantaban os seus temas favoritos. Iso si, perdinme a canción de Son Goku, o que foi unha mágoa, pois o resto eran descoñecidas para min.

Mozas moi animadas cantando en Viñetas desde o Atlántico
Pero descoñecer os temas non facía que fose menos divertido ver como algunhas participantes o daban todo ao interpretar as súas respectivas cancións, gañándose as ovacións do público.

Kiko da SilvaXa pola noite tocou tomar uns petiscos no Copacabana, no que xa é unha tradición no evento coruñés, e gustei de poder intercambiar unhas palabras con Kiko da Silva, o director da revista Retranca, sobre o futuro do mundo da edición, o fenómeno do iPad (que parece querer aproveitar a xente do proxecto coruñés Comics Cangrejo Rojo) e algunha que outra frikada como a curiosidade de que a meirande parte de ilustradores non teñen permiso de conducir. ¿Algún estudo sociolóxico que analice tal cousa? ¿Haberá algunha causa neurolóxica que inhabilite aos debuxantes para guiar un coches? ¿Ou será simplemente porque tenden a traballar no seu fogar ou nun estudo preto do mesmo?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Supergirl promociona o filme de Wonder Woman

    A pasada noite a serie de televisión de Supergirl despediu a súa segunda tempada, e aproveitaron a ocasión para facer publicidade do novo filme de Wonder Woman protagonizado por...
  • En Suíza tamén hai cosplay

    Que actualmente hai convencións fikis por todo o mundo non é ningunha sorpresa, pero sorpréndeme non ter escoitado nunca falar da que montan en Basilea, pois «a Comic Con...
  • Novo tráiler de Wonder Woman

    A menos dun mes para a estrea do filme da Muller Marabilla, temos aquí un novo tráiler, que parece querer amosar máis acción, pero continúa sen deixar ver claramente...
  • Novo tráiler da película de Wonder Woman

    Tras varios teasers que foron poñéndonos os dentes longos, por fin temos o novo tráiler do filme de Wonder Woman protagonizado por Gal Gadot. Desta volta amósanos un chisco...