Luís Davila visitou a Radio Galega

O xenial Luís Davila, humorista gráfico coñecido no sur de Galicia polas súas tiras cómicas para o Faro de Vigo, e no resto de Galicia pola cantidade de xente...

Luís Davila na Radio Galega

O xenial Luís Davila, humorista gráfico coñecido no sur de Galicia polas súas tiras cómicas para o Faro de Vigo, e no resto de Galicia pola cantidade de xente que comparte as súas divertidas ilustracións a través de Facebook, visitou hoxe o programa A arde da Radio Galega, onde comentou a súa experiencia nas tiras de prensa e adiantou detalles como que prepara un volume recompilatorio para antes do Nadal (e que espero con impaciencia, pois o Jalisia Kanibal que distribuiron coa revista Retranca sóubome a pouco).

Davila debuxando

Pero non puido abandonar a emisora sen facer un debuxiño, conseguindo incluso facer un chiste que viña nin que pintado:

debuxo de Luís Davila

Un pracer compartir uns minutos con alguén como Luís Davila, que como moitos ilustradores galegos, sabe andar polo mundo con humor e modestia, ou sexa, que non decepciona coñecer en persoa ao autor de Dora a Desbrosadora.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS