Charlie White on Broadband

Esta tarde no programa Banda Ancha da Radio Galega tivemos como convidado ao actor e humorista Carlos Blanco, para que nos contase a súa relación coa tecnoloxía, nunha intervención...
Fotografía na que podemos ver a Carlos Blanco ¿disfrazado de Epi?

Fotografía na que podemos ver a Carlos Blanco ¿disfrazado de Epi?

Esta tarde no programa Banda Ancha da Radio Galega tivemos como convidado ao actor e humorista Carlos Blanco, para que nos contase a súa relación coa tecnoloxía, nunha intervención que resultoume bastante agradable:

carlos_blanco_ao_vivo_dvd_sobreEntre outras cousas comentamos que ten un espectáculo en DVD que comercializa directamente dende a súa páxina web, e que sei ben que entrega cunha divertida dedicatoria porque fíxenlle un pedido en xuño e admito que, aparte da fotografía asinada, sorprendeume pola velocidade na que o recibín, pois coido que o encarguei un luns pola mañá e recibino un mércores pola mañá. ¡Iso si que é ir a todo flispín!

Eu a Carlos Blanco téñoo visto actuar en directo en Melide, os vídeos que subín cos seus monólogos do programa Somos Unha Potenzia é do máis reproducido na miña canle de YouTube, lembro os tempos nos que soltaba o de a tutti churrasco en Galicia Sitio Distinto ou cando facía de Ladillao en Mareas Vivas… polo que é unha figura que teño moi presente, e que espero que me sorprenda pronto, non só coas súas posibles actuacións por streaming, senón tamén polo espectáculo que está a preparar con Luís Davila. ¡A cousa promete!

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...