Casting para participar no Verbas Van

Mañá, o Hotel Husa Santiago Apóstol de Santiago de Compostela acollerá un casting para participar como concursante no Verbas Van da TVG, espazo televisivo do que aledoume moito que...

presentadores do Verbas Van

Mañá, o Hotel Husa Santiago Apóstol de Santiago de Compostela acollerá un casting para participar como concursante no Verbas Van da TVG, espazo televisivo do que aledoume moito que mudaron o seu horario, pois agora que é no contorno das 16:00 horas podo velo de cando en vez.

Se es maior de 18 anos, galego-falante, e queres probar sorte neste concurso no que poñen a proba a riqueza de vocabulario, a axilidade mental e certos coñecementos de ciencia e aritmética, só tes que mandar un e-mail a vbv@crtvg.es co asunto CASTING XULLO e solicitando poder acudir este sábado na quenda das 11:30 ou na das 12:30 horas da selección de concursantes. É preciso levar cuberto un documento cos datos persoais que podedes descargar da Internet.

Para os que mañá non poidan acudir, pero que estean igualmente interesados, recoméndolles que sigan ao programa televisivo na súa nova páxina de Facebook, onde é de agardar que avisen de futuras convocatorias.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Jon Secada no Luar

    E se Jon Secada fose un youtubeiro?

    O 13 de setembro foi un día moi especial na Televisión de Galicia xa que volveu á grella da programación o programa Luar contando coa presenza excepcional de Jon...
  • Novo viral da TVG

    Na Televisión de Galicia hai momentos que pasan á historia, como cando en 2007 ao reporteiro Alberto Mancebo unha nena nunha gardería espetou un sonoro «nos pegan» ou cando...
  • Un mundo infernal

    Unha das series de televisión de máis éxito da miña infancia foi Dragones y Mazmorras, da que incluso puidemos ver adaptación en banda deseñada da serie e incluso unha...