Viñetas desde o Atlántico 2013 xa ten cartel

A feira do cómic da Coruña, Viñetas desde o Atlántico, xa ten o cartel deste ano, ilustrado polo balear Bartolomé Seguí, que facilmente podemos enmarcar entre os mellores deste...

Viñetas desde o Atlántico 2013A feira do cómic da Coruña, Viñetas desde o Atlántico, xa ten o cartel deste ano, ilustrado polo balear Bartolomé Seguí, que facilmente podemos enmarcar entre os mellores deste certame que este ano chega á súa 16ª edición, non así o programa deste ano, que paréceme dos peores que lembro, o que espero que non sexa un presaxio do que nos depara o futuro.

Polo pronto o certame será entre os días 5 e 11 de agosto (¿demasiado cedo?) e na súa relación de convidados o que máis destaca é a impresión de que están case todos repes, ou sexa, que xa viñeron en anteriores edicións de Viñetas, o que é unha mágoa, pois resta atractivo ao encontro.

Non serei eu quen diga que non quere ver a David Ajá (El Inmortal Puño de Hierro) ou Jan (Superlópez) de volta pola cidade, pero algunha sorpresa internacional estaría moi ben. ¿Que foi dos anos nos que había xente que falaba de que contactaran con Byrne ou Gaiman e que igual acababan caendo? ¿E da posibilidade (agora imposible) de que algunha lenda como Will Eisner pasasen pola Coruña?

Completarán o programa os convidados Enrique Fernández, Max, Fausto Isorna, Baru e Susanna Martín; as típicas exposicións de orixinais dos convidados, e un par de exposicións especiais: Unha sobre o cómic e o mar comisariada por Toni Guiral, e a que promete ser moi especial, comisariada por Antonio Martín, e que tratarase dunha retrospectiva de Superlópez (do que sempre me declarei fai pese a ser unha medianía).

Ah, e se controlades de comics e tedes habilidade como tradutores e intérpretes de inglés e francés, podedes ofrecervos como tradutores voluntarios durante Viñetas.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Supergirl promociona o filme de Wonder Woman

    A pasada noite a serie de televisión de Supergirl despediu a súa segunda tempada, e aproveitaron a ocasión para facer publicidade do novo filme de Wonder Woman protagonizado por...
  • En Suíza tamén hai cosplay

    Que actualmente hai convencións fikis por todo o mundo non é ningunha sorpresa, pero sorpréndeme non ter escoitado nunca falar da que montan en Basilea, pois «a Comic Con...
  • Novo tráiler de Wonder Woman

    A menos dun mes para a estrea do filme da Muller Marabilla, temos aquí un novo tráiler, que parece querer amosar máis acción, pero continúa sen deixar ver claramente...
  • Novo tráiler da película de Wonder Woman

    Tras varios teasers que foron poñéndonos os dentes longos, por fin temos o novo tráiler do filme de Wonder Woman protagonizado por Gal Gadot. Desta volta amósanos un chisco...