Concerto de Anfibia no Gatos

O vindeiro venres pola noite a formación de Xaime Barreiro Cholas (con quen coincidín na miña etapa en Correo TV) Anfibia vai visitar o pub Gatos de Melide, para...

Anfibia

O vindeiro venres pola noite a formación de Xaime Barreiro Cholas (con quen coincidín na miña etapa en Correo TV) Anfibia vai visitar o pub Gatos de Melide, para presentar o seu EP Única Oportunidad (que pode escoitarse e adquirirse mediante descarga dixital a través Bandcamp). O espectáculo promete ser moi animado, e comezará á 1 da madrugada (ou sexa, que formalmente xa sería sábado) e sinto non poder acudir por estar na Coruña a esas horas.

A entrada para o concerto custará 4 euros (cun desconto de 1 euro na primeira consumición). ¿Estades preparados para experimentar coa mestura de funk e soul de Anfibia? ¿Non o sabedes? Pois igual sácavos de dúbidas o primeiro videoclip da formación:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • O Banjo Fantástico

    Chámase Ollie, ten un banjo, e tras facer unha chea de versións de música de videoxogos como Out Run, Street Fighter II ou Tetris, inicia unha nova serie de...
  • Muuu (son unha vaca)

    Amala Zandile Dlamini, ou Doja Cat, é unha cantante californiana de 22 anos que conseguiu certo éxito en 2014, como demostra que o seu vídeo So High superase os...
  • Os capos da Galega saltan ao baleiro

    O grupo coruñés Nortones estrea vídeo musical, Salto Al Vacío, da xente de Dreamovie, e que contou con moitas caras coñecidas: Un puntazo poder ver xuntos aos principais capos...
  • PSY segue moi vivo

    Hai moito tempo que o rapeiro PSY non ten un superéxito en YouTube, pero iso non quere dicir que desparecerse ou que estivese quieto, senón que é moi complicado...