Rebeca Ponte estrea páxina web e actuación en directo en Melide

Tras o seu blog e a páxina web do seu proxecto musical, Rebeca Ponte estrea páxina web como artista plástica e comisaria de arte, na que podemos atopar información...

Rebecaponte.com
Concerto de Cardigan Bridge na Sala 600Tras o seu blog e a páxina web do seu proxecto musical, Rebeca Ponte estrea páxina web como artista plástica e comisaria de arte, na que podemos atopar información sobre os seus proxectos de comisariado, as súas instalacións artísticas, os seus obradoiros e as súas tomas de contacto coa fotografía e a pintura, no que poderiamos definir coma o seu portal web persoal, pois serve para tecer unha malla coa presenza na web desta artista multidisciplinar afincada en Melide.
Concerto en Melide
A nova páxina web de Rebeca veu a luz a pasada fin de semana, chegando case a coincidir co seu primeiro concerto melidense, xa que o venres ás doce da noite dentro do Ciclo Xpresion K Galicia actuará Cardigan Bridge na Sala 600.
Para quen non lembre a música de Rebeca Ponte, velaquí o vídeo musical do seu tema One Thousand Poems:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Videoxogos de papel

    A nostalxia ten moita forza, e de cando en vez serve de inspiración para fermosas marabillas, como o vídeo de Eric Powers no que fixo un repaso da historia...
  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Jon Secada no Luar

    E se Jon Secada fose un youtubeiro?

    O 13 de setembro foi un día moi especial na Televisión de Galicia xa que volveu á grella da programación o programa Luar contando coa presenza excepcional de Jon...
  • Novo viral da TVG

    Na Televisión de Galicia hai momentos que pasan á historia, como cando en 2007 ao reporteiro Alberto Mancebo unha nena nunha gardería espetou un sonoro «nos pegan» ou cando...