Estamos a piques de comezar un verán con moito cine friki ás portas, que botará a andar a semana que vén con El Hombre de Acero, película á que seguirán outras estreas como Star Trek: En La Oscuridad, Pacific Rim, O Xinete Enmascarado, Guerra Mundial Z, Kick Ass 2 e incluso Lobezno Inmortal, o que parece que será un bo filme do personaxe dos X-Men despois do raro sabor de boca que deixo Lobezno: Orígenes (curiosamente o videoxogo saíu bastante resultón), e nas últimas horas estreou un novo trailer que fainos afiar as garras de cara á chegada desta película que explotará a face asiática de Logan, que tanto xogo deu nos comics.
Para min o calendario cinematográfico dos vindeiros meses quedaría do seguinte xeito:
- 21 de xuño: El Hombre de Acero (a grande esperanza de DC)
- 28 de xuño: After Earth (póñena podre)
- 5 de xullo: Star Trek: En La Oscuridad (que chega moito despois que a EE.UU., o que lévame a berrar: “¡Khaaaaaaan!”;
- 12 de xullo: Pacific Rim (para quen guste de películas tipo Transformers)
- 19 de xullo: O Xinete Enmascarado (“Hi ho, Silver!”)
- 26 de xullo: Lobezno Inmortal
- 2 de agosto: Guerra Mundial Z (os apocalipses zombis están de moda)
- 16 de agosto: Percy Jackson y el mar de los monstruos (secuela dunha película da que gustei moito) e Elysium
- 30 de agosto: Kick-Ass 2: Con Un Par (que promete ser moi distinta ao cómic, achegando outra vez un enfoque distinto)
- 13 de setembro: Riddick (que parece unha secuela de Pitch Black, esquecendo o que aconteceu en Las Crónicas de Riddick)
Temos así un verán completiño no que a películas se refire e, aínda que moitas das películas son bastante prescindibles, darán variedade ás salas cinematográficas, aínda que non remato de entender a acumulación de estreas no verán (supoño que faise pensando en lugares onde o mar está moi lonxe e o aire acondicionado é un bo reclamo).
Debe estar conectado para enviar un comentario.