Curiosidade nunha entrada de cine

Cando vou aos Filmax de A Coruña (no centro comercial El Puerto) normalmente pillo a entrada na taquilla ou nos expendedores automáticos da entrada, pero ao ver cómo son...

Cando vou aos Filmax de A Coruña (no centro comercial El Puerto) normalmente pillo a entrada na taquilla ou nos expendedores automáticos da entrada, pero ao ver cómo son os tickets que imprimen os caixeiros de La Caixa quedei un tanto abraiado:
Entrada do cine de El Puerto
¿Son eu o único ao que lle parece pitorreo iso dos Multicines Plan Galicia, S.L.? Iso si, se miramos en Páxinas Amarelas aínda nos confundiremos máis pois aparece o seguinte:

MULTICINES PLAN GALICIA
Fontiñas (Área Central), 67
15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA – A CORUÑA
Tel: 986 782 380

Vaia, ¡que ten sede en Compostela e un número telefónico da provincia de Pontevedra! ¡A Santísima Trinidade!

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • San Diego Comic-Con, tráilers a mogollón

    Unha ano máis a Comic-Con de San Diego confirmou que xa non é un evento centrado na banda deseñada, senón na industria do lecer en xeral, de xeito que...
  • Unha semana para Wonder Woman

    A primeiros de mes estreouse nunha chea de países o filme de Wonder Woman, polo que levo moitos meses esperando con ilusión, principalmente para poder comprobar se queda esperanza...
  • Supergirl promociona o filme de Wonder Woman

    A pasada noite a serie de televisión de Supergirl despediu a súa segunda tempada, e aproveitaron a ocasión para facer publicidade do novo filme de Wonder Woman protagonizado por...
  • En Suíza tamén hai cosplay

    Que actualmente hai convencións fikis por todo o mundo non é ningunha sorpresa, pero sorpréndeme non ter escoitado nunca falar da que montan en Basilea, pois «a Comic Con...