Cada 25 de maio, lembrando o aniversario da estrea da primeira película de Star Wars e o pasamento de Douglas Adams (autor da Guía do Autoestopista Galáctico) celébrase o Día do Orgullo Friki, o que en Santiago de Compostela vai estar moi presente grazas á segunda edición do Imperial Stormtroopers organizada pola Tropa Korriban, que desfilará polas rúas compostelás pola tarde.
Pola miña banda, para unirme á celebración desta festa quero compartir unha das cancións do último disco de El Reno Renardo (que pode descargarse de balde), que vén nin que pintada a unha data como a de hoxe:
[content_right title=”El Reno Renardo”]“Que difícil es hacer
el amor en un X-Wing”[/content_right]O temazo dedicado a Leia inclúe algunha que outra frase para a posteridade, aínda que o mero feito de apuntar que a banda sonora de Star Wars é parecida á de Superman (a moitos páselle o mesmo coa de Indiana Jones) xa fará que moitos asintan… de seguro que nalgún concerto os músicos liáronse de canción e ninguén os corrixiu por medo a meter a zoca.
Debe estar conectado para enviar un comentario.