Evian e os bebés bailando trunfan en YouTube

Evian é unha das marcas de auga mineral máis coñecidas a nivel mundial, capaz de facer que a xente pague pola auga como un produto de luxo, demostrando o...

Evian é unha das marcas de auga mineral máis coñecidas a nivel mundial, capaz de facer que a xente pague pola auga como un produto de luxo, demostrando o moito que pode facer o marketing, como deixan patente na súa nova campaña Baby & Me, na que retoman ideas de campañas anteriores nas que amosan á xente como bebés, como un xeito de dicir que a auga rexuvenece (aínda que sexa unha parvada), conseguindo cativar ao espectador dun xeito que só conseguen os bebés e os animais, o que demostran os 14 millóns de reproducións que acumulou o seu novo anuncio en YouTube en pouco máis de 3 días.

Yuksek versionou o temazo de Ini Kamoze para Evian

Yuksek versionou o temazo de Ini Kamoze para Evian

No novo vídeo non só souberon pintar a bebés moi simpáticos disfrazados de adultos un tanto hipsters, senón que recuperaron o temazo Here comes the Hotstepper de Ini Kamoze, que no seu día xa arrasara na película Prêt-à-Porter e nos anuncios de El Corte Inglés, e que agora chega adaptada polo DJ e produtor musical Yuksek. ¡Éxito garantido!

Non estaremos ante o novo Gangnam Style, pero estou certo de que o anuncio vai superar os 100 millóns de reproducións en nadiña:

dancing babyAmais, nuns días van sacar tamén unha aplicación para dispositivos móbiles que sospeito que pode potenciar máis a viralidade que están a acadar os de Evian. ¿Quen diría que non hai que engadir burbullas nin alcohol a unha bebida para pórse de moda?

¿Quen ía dicirlle a Ally McBeal que os dancing babies poderían estar tan ben feitos e volver a pórse de moda despois de tanto tempo? ¿E que tamén ía ser cunha canción asociada ao Corte Inglés? (na serie de televisión o bebé bailando saía co Hooked On A Feeling).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS