O vindeiro 13 de maio, segundo domingo do mes, celébrase unha nova edición da Festa do Melindre de Melide, e para elixir o seu cartel convocouse un concurso do que vén de darse a coñecer a súa gañadora, a deseñadora de interiores de Lleida, Blanca Rocaspana García, a quen o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Santos López, comunicoulle a nova por videoconferencia dende a aula de novas tecnoloxías do Concello.
Pareceume algo rara a fotografía que recolle o orixinal momento, polo feito de combinar a videoconferencia co móbil, cando os smartphones de hoxe tamén fan videoconferencia, pero supoño que a cousa fíxose así para que a fotografía non fose moi rara (pois se puxeramos a Santos co móbil en alto mirando para a pantalla sería difícil saber o que está a facer co trebello).
O cartel da vindeira edición da Festa do Melindre quedaría entón así:


Debe estar conectado para enviar un comentario.