22 Abril, 2013
Normalmente cando acudo á unidade móbil do Centro de Transfusións de Galicia, tras doar sangue recibo un lata de refresco e unha mostra de bolerÃa industrial para axudar na recuperación de fluÃdos, pero hoxe en Melide a cousa está a ser moito máis doce, pois a ConcellarÃa de Promoción Económica e Turismo, dirixida por Santos López, colaborou co SERGAS achegando 80 bolsas de ricos á unidade móbil, de xeito que os doadores reciben tras a extracción de sangue unha bolsa de ricos, como compaña para dar difusión á Festa do Melindre e da RepostarÃa Tradicional da Terra de Melide, que terá lugar o domingo 12 de maio.
Esta orixinal iniciativa fixo que Raquel Rosa, reporteira do programa A Revista da TVG, visitase hoxe Melide:
Debe estar conectado para enviar un comentario.