Concursos co gallo da Festa do Melindre

O vindeiro 13 de maio, segundo domingo do mes, celébrase unha nova edición da Festa do Melindre de Melide, e para elixir o seu cartel convocouse un concurso do...

santos_videoconferenciaO vindeiro 13 de maio, segundo domingo do mes, celébrase unha nova edición da Festa do Melindre de Melide, e para elixir o seu cartel convocouse un concurso do que vén de darse a coñecer a súa gañadora, a deseñadora de interiores de Lleida, Blanca Rocaspana García, a quen o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Santos López, comunicoulle a nova por videoconferencia dende a aula de novas tecnoloxías do Concello.

Pareceume algo rara a fotografía que recolle o orixinal momento, polo feito de combinar a videoconferencia co móbil, cando os smartphones de hoxe tamén fan videoconferencia, pero supoño que a cousa fíxose así para que a fotografía non fose moi rara (pois se puxeramos a Santos co móbil en alto mirando para a pantalla sería difícil saber o que está a facer co trebello).

O cartel da vindeira edición da Festa do Melindre quedaría entón así:

cartel_festa_melindre_2013

Un dos debuxos premiados o ano pasado

Un dos debuxos premiados o ano pasado

Pero o concurso de carteis non é o único organizado polo concello, senón que os alumnos de calquera centro educativo galego que teñan entre 3 e 15 anos tamén poderán participar do VI Concurso de Debuxo Melindresricos, que nesta sexta edición anima aos cativos máis creativos a presentar as súas ilustracións co melindre e a repostería tradicional da Terra de Melide como temática. As pezas poderán entregarse na Biblioteca Municipal até o venres 3 de maio e os gañadores nalgunha das súas 4 categorías faranse cun vale por importe de 60 euros para gastar no comercio melidense. As bases do concurso están dispoñibles en formato PDF na páxina web do Concello.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS