A película de Comando G será realidade no verán

Finalmente a serie de televisión de Comando G (ou La Batalla de los Planetas) vai ter versión en pantalla grande e, en vez de optar por imaxes creadas por...

Finalmente a serie de televisión de Comando G (ou La Batalla de los Planetas) vai ter versión en pantalla grande e, en vez de optar por imaxes creadas por ordenador ou debuxos animados, atrévense coa acción real, de xeito que o vindeiro 24 de agosto agárdase que os cines xaponeses poidan exhibir o filme Gatchaman que promete satisfacer aos seareiros da serie de 1972. Para comezar, podemos ver a aparencia que terán Mark, Jason, Princesa, Tiny e Keyop:
Os protagonistas do filme

Ao parecer, o esforzo por levar os deseños dos traxes dos nosos heroes á realidade foi titánico, e tiveron que gastar nos mesmos uns 20 millóns de iens (máis de 150.000 euros) polo que teño moitas ganas de velos en acción.

O filme iniciouse o ano pasado para celebrar o 50 aniversario de Tatsunoko, a compañía de animación detrás de Comando G, e ambientarase en Tokio nun futuro próximo, cando un grupo especial deberá enfrontarse a unha invasión alieníxena.

Vaia, que non podemos esperar máis que unha película palomiteira para o verán da que coido que o único lamentable é que non caera en mans dun estudio norteamericano para que inxectase millóns de dólares e conseguise devolver a gloria pasada a esta franquía.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS