Parece que a vindeira fin de semana Melide vai ter bastante actividade deportiva grazas ás celebración dun aberto de tenis que o Cerne de Galicia acolle por segundo ano consecutivo:
O Concello de Melide en colaboración co Club de tenis Punta Salera e Ureca de Nigrán, organiza o II Aberto de Tenis Concello de Melide que terá lugar o 30 e o 31 de marzo en Melide.
Na categoría masculina participarán:
– Miguel Casal, número 1 de Galicia e 34 de España, 13 veces campión galego.
– Arkaitz Manzarbeitia, número 1 do País Vasco, 44 de España, vixente campión do torneo, xogador da selección vasca que xogou contra outras seleccións como a China ou a Irlandesa ás ordes de Alberto Berasategui.
– David Vidal, número 7 de Galicia, 128 de España.
– Rafael Mota, número 10 de Galicia, 140 de España.
– Manuel Santomé, número 12 de Galicia, 145 de España.
– Pedro Ecenarro, número 13 de Galicia, 148 de España.
– Jorge Ariz, número 27 de Galicia, 270 de España.
– Ignancio Trigo, número 32 de Galicia, 319 de España.
– Rodrigo Díaz, número 36 de Galicia, 339 de España.
Estarán tamén presentes xogadores locais como:
– Fran Pampín, número 50 de Galicia e 490 de España.
– Pablo Chouza, número 60 de Galicia e 530 de España.
Os partidos comezarán ás 10:00 horas. A final masculina terá lugar o 31 de marzo ás 18:30 horas.
No que respecta á categoría feminina dicir que en Melide se disputara a fase de semifinais e finais, polo que non se mencionan ás participantes, pero sen dúbida, na competición estarán presentes as mellores raquetas galegas. A final feminina celebrárase o 31 de marzo ás 16:30 horas. A entrada será de balde en todas as rondas grazas á axuda dos patrocinadores.
O nivel do xogo neste torneo faise patente xa que é un dos tres torneos en Galicia que conta con participantes do máis alto nivel, polo que se convida á todo aquel interesado na práctica do deporte a gozar do mellor tenis en Melide na Semana Santa.
A pista central será a do Polideportivo municipal e a Pista número 2 será a do Pavillón do IES de Melide.
Debe estar conectado para enviar un comentario.