Compostweets 2013

Un ano máis, e xa van tres, unha chea de todos por iso que dan en chamar Social Media xuntámonos en Compostela para falar do noso e escoitar o...

Un ano máis, e xa van tres, unha chea de todos por iso que dan en chamar Social Media xuntámonos en Compostela para falar do noso e escoitar o que tiñan que dicir outros profesionais, tanto amosando os seus proxectos como impartindo relatorios, nun formato que está a consolidarse no que coñecemos como Compostweets, e que temos que agradecer principalmente a Alfonso Freire, de Lúdica 7, principal artífice o encontro.

compostweets_2013_domayto_01

Alfonso Freire abrindo a terceira edición do Compostweets

A xornada, que este ano limitouse á tarde, comezou dun orixinal xeito: con Raquel Lemos Publiwoman instándonos a replicar a táctica de ligoteo de praia, ou sexa, presentándonos aos demais coa desculpa dunha pelota que había que lanzar ao chou, o que foi un divertido xeito de rachar o xeo entre os presentes.

compostweets_2013_networking_01

Logo chegou o momento de conversar con Rodolfo Carpintier, un grande referente do sector da Internet en España por ser unha desas persoas que está detrás de proxectos empresariais cando aínda están en fases iniciais, contribuíndo ao seu crecemento.

compostweets_2013_06

O condenado, pasou de PowerPoint, de guións… e abriuse a preguntas do auditorio, inicialmente mediante etiquetas adhesivas, para logo permitir unha interlocución máis directa co público.

compostweets_2013_rcarpintier_06

Para facervos unha idea do parecer de Carpintier sobre moitoas das cousas que comentou no Compostweets, tamén podedes escoitar a entrevista que fixémoslle no Banda Ancha da Radio Galega o pasado sábado:

compostweets_2013_twinshoes_04

O ecuador da xornada marcouno a presentación dunha serie de proxectos baseados na Internet, que competían por facerse con formación na Escola Europea de Negocios (grazas a AJE Galicia), e entre as que estaban coñecidos profesionais do sector como Itziar Villar de Twin Shoes (que contou con José Manuel García como mentor), Kike Soria de Movendo mentorizando a Diego Carracedo (de Marcasparapymes.com) ou César González de Contact Comunicación (que presentou Felicítame.es).

Finalmente gañou o proxecto de Escompring, algo que non rematei de entender (agás polo suborno en forma de galletas de castaña), pois parecíanme máis interesantes proxectos como Twin Shoes, ou incluso o de iSendYou, do que supoño que escoitaremos falar máis adiante, pois ten boa pinta:

compostweets_2013_rubenbaston_10

Puxo o peche á parte máis formal do evento Rubén Bastón, quen impartiu unha charla sobre marketing dixital, bastante exhaustiva e buscando ser didáctica, polo que non é de sorprender que algún vise o relatorio como algo árido, pero entendo que a intención era que esta actividade servise para que os novatos (que sempre hai moito Community Manager wannabe neste tipo de eventos) puidesen tirar algo de proveito máis aló do networking.

Velaquí a súa presentación:

compostweets_2013_09

Secho Martínez saudando á cámara

Pero non nos enganemos, o networking é o mellor deste tipo de eventos, pois aínda que hai moitos encontros ao longo do ano en Galicia, a cada un vai un tipo de xente diferente, e a tropa que nos xuntamos no Compostweets non é tan frecuente como a das LaconNetwork, os Betabeers, os Iniciador Galicia… polo que cada ano é un pracer que coincidamos.

compostweets_2013_serantes_02

David Serantes posando cunha versión de farrapo do seu deus

Gustei especialmente de ver por alí a Secho Martínez, a quen entrevistamos hai pouco no Banda Ancha para falar do seu proxecto empresarial, e grazas ao que puiden comprobar in situ unha tarxeta de visita con NFC no meu Nokia Lumia 920 (funcionou ao momento); a Wicho de Microsiervos; a David Serantes, un dos meus podcasteiros favoritos; e moitos outros profesionais cos que espero volver a coincidir en breve. ¡Ata pronto, rapaces!

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS