Eats & Twitts en A Coruña

Este serán xuntámonos no Hotel Tryp Coruña uns entusiastas das redes sociais para compartir pareceres no primeiro Eats & Twitts que se celebra na cidade (e o terceiro en...

Eats & Twitts
Este serán xuntámonos no Hotel Tryp Coruña uns entusiastas das redes sociais para compartir pareceres no primeiro Eats & Twitts que se celebra na cidade (e o terceiro en Galicia), de xeito que mesturábase a presenza típica de eventos tecnolóxicos con outras persoas cun perfil máis light, o que sempre resulta enriquecedor.

Mesa DM
Non faltaban auténticas figuras da Internet galega coma o coñecido blogueiro Carlos Calidonia Neira, o empresario Manuel Pan de Abertal (compañía que leva xa 14 anos traballando nisto da web) e Alfonso Freire, organizador de Compostweets.

Alfonso Freire fotografándome
Precisamente con Alfonso coincidín na mesa que levaba por nome Timeline, e pese a que a asignación de mesa foi ao azar (nós mesmos sacamos dunha bolsa o papel que dicía onde tiñamos que sentarnos), xuntámonos unha chea de asistentes ao Compostweets, de xeito que puiden continuar a conversa que tivera con Alfonso neste mesmo espazo. En persoa fálase moito mellor dese tipo de cousas.

A mesa Timeline
Pero na mesa Timeline non só coincidimos asistentes ao Compostweets, senón que tamén cadrou que era unha mesa libre de iPhones, o que tiña bastante mérito se temos en conta a cantidade de fanboys de Apple que hai no sector.
Jesús López (ao que perdoamos que tivese unha BlackBerry como segundo teléfono… por motivos laborais), Alfonso Freire, Iván Omar, Iván Fociños (que prestaba unha atención impresionante ao seu móbil), Javier Rocamora e un servidor eramos o bando dos androides, mentres que outras mesas a cousa era moi distinta:
mesa iphoneira
Coido que agora, para ser cool o que hai que facer é non ter teléfono, ou usar algo que sexa totalmente distinto ao habitual para dar un pouco a nota. Así eu non teño que pensar que Rocamora mangou o meu teléfono: 😉
Rocamora
Pero deixando a un lado a guerra móbil, o encontro foi interesante, e contribúe a pór cara a xente á que un segue en Twitter ou Facebook (como a Irene Tomé de Europublic e María Mosquera de PéZcalo). Haberá que apuntarse a futuros encontros noutras cidades galegas.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...