Desesperadiño téñenme os da Paramount con cada trailer que lanzan de Star Trek: En La Oscuridad, película que chegará o 17 de maio aos cines norteamericanos, pero que non veremos en España até o 5 de xullo. Non sei quen foi o tolo que decidiu adiar tanto o filme, pois iso probablemente provoque que cando se estree na grande pantalla xa circulen copias de alta calidade da mesma, o que pode erosionar o seu resultado comercial. ¿Aínda no aprenderon que as películas deste tipo deben estrearse simultaneamente nos principais mercados internacionais?
Onte estrearon o trailer internacional do filme, e ten unha aparencia magnífica:
Só falta que ao final do vídeo saíse Chris Pine berrándolle a Benedict Cumberbatch un sonoro “Khaaaaaaan” para que os trekkies de todo o mundo rachasen as mans aplaudindo (aínda que o enfoque de acción igual non convenza a todos).
Nin que dicir que o novo cartel do filme tamén é unha pasada:
Debe estar conectado para enviar un comentario.