Adianto do trailer de Star Trek: En La Oscuridad

A vindeira semana a película Star Trek: En La Oscuridad vai estrear trailer, pero nas últimas horas publicaron un teaser en iTunes Movie Trailers que ten moi boa pinta....

A vindeira semana a película Star Trek: En La Oscuridad vai estrear trailer, pero nas últimas horas publicaron un teaser en iTunes Movie Trailers que ten moi boa pinta.

Vese que para que a franquía de Star Trek sexa cinematográfica é preciso que fuxa totalmente do espírito da serie de televisión orixinal, e opte pola acción. Na primeira entrega deste reboot fixeron un bo traballo, e parece que van repetir a xogada con En La Oscuridad, película que parece querer ser La Ira de Khan da nova saga… só espero que non maten a Spock para resucitalo no seguinte filme, pois sería demasiado predicible.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS