Microsoft utiliza a nostalxia para devolvernos ao Internet Explorer

Houbo un tempo no que o Internet Explorer converteuse no navegador web de moda, pois o Netscape Navigator comezaba a apestar (coido que o punto de inflexión foi cando...

Houbo un tempo no que o Internet Explorer converteuse no navegador web de moda, pois o Netscape Navigator comezaba a apestar (coido que o punto de inflexión foi cando Netscape quixo cobrar por distribuír o seu navegador, o que provocou que deixara de estar presente nos CD-ROM das revistas de informática), pero nos últimos anos a tendencia era pasarse a Firefox e agora a moda é o Google Chrome, pero iso non indica que o resto de navegadores sexan malos, polo que segue a haber xente para todo, e para animar aos usuarios que deixaron a Microsoft de lado publican agora un vídeo no que lembran aos que medraron nos anos 90 unha serie de tópicos do momento (que sorprende que fosen os mesmos nos EE.UU. que en Europa) e co que buscan levarnos a unha páxina web que baixo o título de O navegador web que gustabas de odiar invita a probar o Internet Explorer 10, reivindicando que o navegador web de Microsoft agora mola.

¿King África recomenda Internet Explorer?

Aínda que eu estou moi contento con Chrome, a última versión do Explorer está moi ben, e resulta moi recomendable. Ao final, o Internet Explorer que todos odiamos é a versión 6, que aínda está presente en moitos ordenadores corporativos, o que é un pesadelo para os desenvolvedores de páxinas web, pois tal navegador non soporta os estándares actuais, o que é un lastre para a evolución de páxinas web que queren chegar a un público masivo. Esperemos que nuns anos quede nunha

simple anécdota, e que iso de ter un navegador desactualizado sexa unha práctica mal vista, entre outras cousas, porque supón un risco para a seguridade informática (expondo ao usuario a múltiples ameazas que aproveitan os fallos de seguridade corrixidos nos sistemas que estean ao día, pero que manteñen os adiados).

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...