Xa se pode descargar o Google Chrome

Hai menos dunha hora que o Google Chrome, de xeito que os interesados neste navegador de Google poderán ver o que en realidade ofrece, que vén a ser máis...

A web do Concello de Melide vista no Google Chrome
Hai menos dunha hora que o Google Chrome, de xeito que os interesados neste navegador de Google poderán ver o que en realidade ofrece, que vén a ser máis do mesmo, pero coa marca de Google.

Eu estou moi contento con Firefox, e o Chrome me parece interesante, pero aínda non está maduro como para ser o meu navegador principal, aínda que non podo evitar criticar esta iniciativa de Google por varios motivos:
– TRAICIÓN: si, coido que todos podemos dicir sen pudor que se trata dunha traición á Fundación Mozilla, pois o novo navegador utiliza o motor de Safari en vez de utilizar o de Firefox (que son ambos igual de abertos, pero dende Google sempre dixeron que non sacaban un navegador porque gustaban do Firefox). A cousa non queda aí: cando instalas Chrome o programa importa os datos que tes en Firefox para animarte a cambiar de navegador.
– NADA NOVO: o Chrome se dedica a meter nun paquete cousas que xa se poden facer con outros navegadores.
– MONOPOLIO: dá algo de medo iso de empezar a usar Google para todo, e o monopolio de Google pode ser moitísimo máis perigoso que o de Microsoft ou Telefónica, pois está a saltar por distintos medios e está a amasar moito poder.

Para rematar teño que incidir no feito de que non estou dacordo con moitas das análises deste novo lanzamento de Google, pois o están a ver como un navegador que nace como alternativa ao Internet Explorer, e a min me parece que en realidade nace como plataforma de aplicacións web, de xeito que se comportan como aplicacións de escritorio (sería coma sumar Google Gears e Mozilla Prism, funcionando incluso fóra de liña e en fiestras independentes, engadindo incluso o atallo correspondente ao Escritorio, á barra de inicio rápido ou ao menú de Inicio). Vaia, que dende Chrome podemos ter Gmail coma unha aplicación, pero iso tamén se podería aplicar a Google Documents, polo que entendo que é parte dunha ofensiva contra o MS Office e non contra o Explorer.
Por desgraza, temo que este navegador pode minar o número de usuarios de Firefox, mentres que o Explorer vai permanecer impasible 🙁

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS