21 Decembro, 2012
¡PSY conseguiuno! En pouco máis de 5 meses o Gangnam Style conseguiu superar os 1.000 millóns de reproducións en YouTube, e para celebralo, un PSY en miniatura baila xunto ao seu contador de reproducións:
¡Xenial! Agora estaría ben que alguén fixese públicas as informacións reais sobre o que pode gañarse directamente acadando tal fito, para que vexamos como cambiou o conto: antes os artistas pedían a retirada das súa cancións da web, e agora comentan que o tema de PSY puido ter xerado 8,1 millóns de dólares en publicidade e vendeu máis de 2,9 millóns de copias en iTunes (boa parte das mesmas, a través de YouTube).
Debe estar conectado para enviar un comentario.