Un grupo feminino quere arrebatarlle a coroa a PSY

Aínda que con máis de 1.150 millóns de reproducións do Gangnam Style en YouTube PSY segue imparable, dende o seu país de orixe chegan agora as Girls’ Generation, formación...

Aínda que con máis de 1.150 millóns de reproducións do Gangnam Style en YouTube PSY segue imparable, dende o seu país de orixe chegan agora as Girls’ Generation, formación feminina que co vídeo musical I Got a Boy (do cuarto traballo do grupo) xa está no segundo posto na categoría de Música en YouTube.
Paréceme imposible que poidan repetir o éxito de PSY (especialmente porque non ten pinta de poder converterse nun tema parodiable nin versionable como Gangnam Style ou Call Me Maybe), pero se conseguen ocupar o lugar do rapeiro coreano xa terán unha medalla que colgarse, o que pode abrirlles moitas portas (pese a que parezan unha versión en carne e oso das Bratz). Vaia, que agora teñen a posibilidade de ter algunha repercusión internacional. ¿Conseguirá o K-Pop pórse de moda? ¿Ou seguirá relegado á cultura friki?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS