O Gangnam Style convértese no vídeo máis visto na historia de YouTube

¡Proba superada! Tras varias semanas nas que Justin Bieber resistíase a deixar o seu posto como o vídeo máis visto da historia en YouTube, PSY, con 805 millóns de...

¡Proba superada! Tras varias semanas nas que Justin Bieber resistíase a deixar o seu posto como o vídeo máis visto da historia en YouTube, PSY, con 805 millóns de reproducións xa supera por máis dun millóns de reproducións ao Baby do rapaz canadense, e para non repetirme, quero celebralo compartindo unha versión en acústico do Gangnam Style dun grupo de Berkeley (California) chamado Ra-On (están en EE.UU., pero son de orixe surcoreana), que pareceume que quedaba moi ben.

Compre dicir que estamos na culminación oficial do Gangnam Style en YouTube, e digo oficial porque agora PSY lidera as reproducións cun único vídeo, pois na práctica hai bastante tempo que é a canción máis relevante, e non me refiro só ás parodias, senón que se engadimos a versión de HYUNA (na que tamén participa PSY, e que actualmente está preto dos 162 millóns de reproducións) o tema aínda ten moito máis peso.

Vaia, que unha mesma canción estaría a piques de superar os mil millóns de reproducións en YouTube, algo que posiblemente consiga o vídeo de PSY nuns meses, algo que dificilmente podería imaxinar alguén o pasado verán, e que nalgunhas culturas como a xaponesa seguen sen crer (alí non resulta gracioso o vídeo, polo que chéiralles a tongo o seu éxito internacional).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Jon Secada no Luar

    E se Jon Secada fose un youtubeiro?

    O 13 de setembro foi un día moi especial na Televisión de Galicia xa que volveu á grella da programación o programa Luar contando coa presenza excepcional de Jon...
  • Novo viral da TVG

    Na Televisión de Galicia hai momentos que pasan á historia, como cando en 2007 ao reporteiro Alberto Mancebo unha nena nunha gardería espetou un sonoro «nos pegan» ou cando...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • Os Vingadores non iniciaron o lume

    A capacidade de mobilización que teñen os grandes programas de televisión nos EE.UU. non deixa de sorprender, principalmente porque manteñen o seu pulo no tempo, cando en España hai...