A aplicación móbil do mes: Pandeireta PRO

Jandro de Sixtema aledoume a pasada noite ao avisarme que dende Taptil estreaban unha aplicación de balde para iOS que está chamada a ser a máis destacada do mes...

Jandro de Sixtema aledoume a pasada noite ao avisarme que dende Taptil estreaban unha aplicación de balde para

iOS que está chamada a ser a máis destacada do mes (e iso que a semana pasada saíu a de Google Maps) pois trátase nada máis nin nada menos que unha pandeireta virtual.

Pandeireta PRO pode empregarse como o instrumento tradicional real, riscando, petando e abaneando, de xeito que incluso pode aproveitarse para cantar como as fillas da Conexa, algo que sospeito que vou facer o martes que vén diante do televisor.

Podedes botar un ollo ao anuncio de Pandeireta PRO que sería unha risa que emitisen os vindeiros días nalgunha canle da TDT ás tantas da noite:

¡Nin batamantas, nin hostias en vinagre! ¡Chega Pandeireta PRO!

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...