Finalmente Telefónica remitiu os prezos que terán maña o vello iPhone 3G e o novo iPhone 3G S:
O iPhone 3G S vén a ter os mesmos prezos que o iPhone 3G hai cando se lanzou no verán pasado, mentres que o iPhone 3G ofértase a prezos bastante atractivos.
Para min o mellor de todo é que finalmente Movistar decidiu que non vai cobrar por utilizar o iPhone coma modem, o que resulta moi interesante de cara ao verán (pois pódese aproveitar a conectividade do terminal para ter acceso á Internet co ordenador portátil). Coido que só por iso algúns xa renovarán o seu vello iPhone orixinal (sen 3G), aínda que é normal ter certas reticencias a adquirir un compromiso de permanencia de 18 meses cunha operadora de telefonía, especialmente ante a posibilidade de que o ano que vén lancen un novo iPhone moi mellorado (pois a última actualización foi máis de software que de hardware).
18 Xuño, 2009
Debe estar conectado para enviar un comentario.