Cando vin por primeira vez anterior prototipo de RIM para a futura plataforma BlackBerry 10 só puiden quedar un tanto abraiado, polo que parecíame unha clarísima inspiración á familia de móbiles Lumia de Nokia que estaban a ter bastante presenza na prensa especializada:
O de atopar semellanzas pode ser algo moi subxectivo (na imaxe que puxen non se ve moi claro, pero se vedes un Lumia 800 ou 900 coa funda posta é posible que coincidades comigo), pero estes días filtráronse imaxes do que podería ser o novo terminal BlackBerry que porían á venda en marzo e volvo ver algo familiar:
Non puiden evitar que me viñexe á memoria a parte traseira do iPhone 5:
¿Tan difícil é ser orixinal? Vale que cando tes que facer un dispositivo de forma rectangular cuns compoñentes determinados tes pouca cancha para innovar pero, ¿non deberían fuxir os de RIM dos deseños dos terminais máis coñecidos do mercado? Imitar a Nokia ou a Apple non parece ser algo atinado, e deberían buscar un camiño de seu se pretenen recuperar a gloria perdida (algo que teñen cada día máis complicado).
De todos os xeitos, hai que recoñecer que o que podería ser o futuro móbil de RIM é moi atractivo, e conta con vantaxes como contar con batería extraíble, como pode verse no seguinte vídeo:
O peor de todo é que tardaremos bastantes meses en saber se RIM ve a luz á fin do túnel.
Debe estar conectado para enviar un comentario.