12 Decembro, 2012
A nova película de Superman titulada Man of Steel (El Hombre de Acero en España) xa ten un trailer digno no que dá unha idea do que será o filme final: unha narración exhaustiva da orixe do personaxe e a súa viaxe de descubrimento para converterse en súper heroe, a exposición pública de Superman e o enfrontamento físico entre Superman e o xeneral Zod.
Agardo que en futuros adiantos da película recuperen outras iconas da mitoloxía do derradeiro fillo de Krypton como o Daily Planet, coa curiosidade de se nesta revisión seguirá sendo un xornal impreso de referencia ou un medio en liña.
Debe estar conectado para enviar un comentario.