Dentro de medio ano chegará á serie regular de Superman en España unha historia de 4 números na que un novo malvado, Atlas, se enfrontará ao kriptoniano e chegará a darlle unha malleira, pero todo rematará ben grazas á intervención de Krypto, o cadelo de aceiro:
Coido que as imaxes que publico chegan para dar a entender que Krypto lle salvou o cu a Superman, e aínda que a algún lle moleste este spoiler pareceume que era o máis axeitado para presentar un vídeo que acabo de ver.
Trátase dunha secuencia de vídeo da película Bolt, que será a aposta de Disney polas 3D que desta volta pode funcionar moi ben (é do director de Lilo & Stitch):
Encántame que aparte dun trailer puxesen na web preto de 4 minutos de animación, o que nos dá unha impresión máis real do que imos atopar na película final, que se estreará en España o 19 de decembro.
Coido que o paralelismo entre Bolt e Krypto é innegable, ¿verdade? ¿Estará a buscar Disney un pollo coa Warner?
Debe estar conectado para enviar un comentario.