Batman v Superman: El Amanecer de la Justicia

O novo filme de Superman, introducindo a Batman e a Wonder Woman para rematar dando pé a un filme da Liga da Xustiza metíame bastante medo polo mal que...

O novo filme de Superman, introducindo a Batman e a Wonder Woman para rematar dando pé a un filme da Liga da Xustiza metíame bastante medo polo mal que casa un Superman escuro con Batman (elimínase o contraste natural entre ambos), pero á vista do novo trailer só podo dicir que téñolle moitas ganas á película.

O pouco que sae Wonder Woman paréceme convincente, non creo que Ben Affleck quede especialmente mal como un Bruce Wayne envellecido e incluso non creo que a revisión de Lex Luthor sexa mala. Os ingredentes non parecen moi malos. Agora queda ver como preparan o xantar, e se non resulta logo difícil de dixerir. Como mínimo van facer un bo negocio vendendo figuriñas. 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS