Atopa o teu móbil ideal con Windows Phone

Algunhas campañas publicitarias son un tanto arteiras, por non dicir trampulleiras, e nesa liña Microsoft está a publicar unha serie de vídeos da campaña Meet Your Match, na que...

Algunhas campañas publicitarias son un tanto arteiras, por non dicir trampulleiras, e nesa liña Microsoft está a publicar unha serie de vídeos da campaña Meet Your Match, na que Ben the PC Guy, un evanxelista de Microsoft moi popular na Rede, reta a xente da rúa a comparar o seu móbil Android ou iPhone cun Nokia Lumia 920 ou cun HTC Windows Phone 8X, para demostrar que o terminal co sistema operativo de Microsoft pode ser mellor para o día a día.
¿Por que digo que as campañas son algo trampulleiras? É por varias cousas: por unha banda temos que Ben fai as comparacións xusto en funcións que ten moi optimizadas (polo que resultan un tanto desequilibradas) e por outra está que, se abordas a alguén na rúa e por saír nun vídeo ofréceslle un móbil de 500 euros ¡o normal é que digan que si e falan marabillas!
Pero todo iso non deixa de ser máis que unha cuestión de formas. O fondo do asunto é que a xente ten moitos prexuízos, entendendo que o iPhone 5 é o mellor móbil do mercado ou que Android é o máis flexible, sen chegar a pensar no que realmente se axusta ao seu uso diario dos dispositivos móbiles, de xeito que cando ven Windows Phone 8 de preto poden chegar a mudar de opinión. Estamos precisamente no elo máis feble da cadea de Microsoft: non consegue chegar á xente pese a ofrecer unhas solucións móbiles realmente atinadas, principalmente por estar moi enfocadas ao usuario.
Precisamente nesa liña gustei moito do vídeo no que Ben convence a Melissa, amosándolle o xeito no que Windows Phone xestiona os Contactos:

Tamén resulta atinado facer o mesmo para amosar a calidade da cámara do Nokia Lumia 920 para tomar fotografías (comparándoa coa cámara dun iPhone):

Ou para comparar a gravación de vídeo no tanque de Nokia fronte a un móbil con Android:

A conclusión é clara: cadaquén ten o seu móbil ideal, pero non está de máis comparar antes de elixir. A min neste momento convénceme Windows Phone, pero recoñezo que en boa medida é porque xa pasei por iPhone e Android, polo que agradezo o cambio.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...