Misteriosa bolsa de salchichas

Á volta da fin de semana, ao mirar na neveira o que tiña antes de ir á compra, atopei que había algo que estaba descolocado, e cando o saquei...

Á volta da fin de semana, ao mirar na neveira o que tiña antes de ir á compra, atopei que había algo que estaba descolocado, e cando o saquei do seu sitio non era quen de recoñecelo, pois a bolsa de salchichas Oscar Mayer ocupaba máis do dobre que cando a metín no refrixerador.

A bolsa está inchadísima, con bastante presión, o que non entendo, pois supostamente está pechada ao baleiro, ou sexa, que non debería ter ningún tipo de aire no seu interior para evitar que as bacterias colonicen o embutido.

¿Alguén pode explicarme que é o que puido pasar para que se xerase gas no interior da bolsa?

ACTUALIZACIÓN: Por Twitter coméntanme que pode ser culpa da rotura da cadea de frío.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS