Anécdotas dun dependente dunha tenda GAME

As tendas de videoxogos GAME son as que hai uns anos se coñecían coma Centro Mail (na Coruña había unha na rúa Doadores de Sangue e agora está no...

Tenda Game - Centro Mail
As tendas de videoxogos GAME son as que hai uns anos se coñecían coma Centro Mail (na Coruña había unha na rúa Doadores de Sangue e agora está no Centro Comercial Catro Camiños), e estes establecementos destacan por cousas como que, aparte de vender xogos novos, teñen un mercado de compra, venda e aluguer, o que parece moi axeitado nestes tempos de crise económica. Cando entramos nunha tenda deste tipo sempre atopamos a algunha persoa máis perdida que a virxinidade de Britney Spears, polo que é doado presenciar auténticos diálogos de besugos.
Para quen queira facerse unha idea do que por alí se coce, recomendo ler un anecdotário publicado por un tal Randy, que currou durante un verán nunha tenda GAME. Entre as súas perlas están os seguintes diálogos:

-Hola, ¿cuándo va a salir un juego de Super Mario para la PS3?
-Nunca, es una saga de Nintendo
-Pues yo me la compré sólo por eso.
-Pues ya le digo que es de Nintendo, ya lo siento.
-No importa, ya vendo la PS3 y me compro una Xbox 360
-¡Tampoco es de Nintendo!
-Pero es que me convence más en gráficos. ¡Ya saldrá un Super Mario!
-¡Seguro!

[Tienda a rebosar]
-Hola, ¿tienes la tarjeta pirata de Nintendo DS?
-No, como su propio nombre indica, es pirata e ilegal.
-No es ilegal, la tiene todo el mundo.
-Que la tenga todo el mundo no quita para que sea ilegal.
-¡Pero qué me cuentas, gilipollas! ¡Todos los que se compran juegos originales son unos frikis coleccionistas!
Tras la mirada asesina de la tienda en pleno, se marchó cuidadosamente.

-Hola, dame el “Guitarrero” para Nintendo DS
-Cómo no, aquí tiene
-Dame la bolsa que viene de regalo [Había una promoción por aquel entonces en la que se regalaba una bolsa cutre y fea]
-Ya, es que aun no nos ha llegado y…
-DAME LA BOLSA.
-¡Pero si no la tenemos!
-Vale. Dame una hoja e reclamaciones.
-¿QUÉ? A ver, simplemente NO tenemos esta bolsa que me pide, cuando llegue le llamamos
-¡¡DAME LA BOLSA, LA HOJA DE RECLAMACIONES O LLAMO A LA POLICÍA AHORA MISMO!!
-¿A la policía?
-DAME. LA. BOLSA.
-P…¡Pero si no la tenemos, le estoy diciendo que le llamamos cuand…!
-He venido aquí a comprarme el juego SÓLO por esta bolsa y me la vas a dar.
-Espere que llame a mi jefe y que venga corriendo…
[Mi jefe vino, el tipo estaba calmado, la cosa se calmó. Cuando por fin vino la bolsa, nunca vino a recogerla. Si algún día le veo por la calle, le atropellaré]

E eu pregunto: ¿canta xente lle chamara Guitarrero ao Guitar Hero? Seguro que moita máis da que pensamos.
Randy tamén fai unha escolma das frases que máis se escoitan na tenda:

5-“Mira, papá, ESTE [sosteniendo un juego cogido al azar de seminuevos] es el juego que quiero desde siempre”
4-“¿Este seminuevo de 5 euros está bien? ¿Lo habéis comprobado vosotros?” [sí, comprobamos de principio a fin los 90 juegos que nos llegan cada día, no te jode]
3-“¿Reparáis consolas?” [Nosotros no, pero el enano rumano que tenemos en el almacén se está poniendo las botas]
2-“No es lo que me esperaba, ¿me lo cambias?” [Hola, me he pasado el juego y ahora quiero otro por la cara]
1-“¿Tenéis el chip ese para DS que vienen muchos juegos dentro?” [Mi record: Quince personas en seis horas. Todo un hit]

É incrible o pouco tacto que ten a xente. Entrar nunha tenda de videoxogos preguntando cómo facer para non ter que volver a pagar polos xogos é coma levar a Ramoncín de paseo polo Top Manta. Supoño que moitas persoas pensan que as tendas serias son igual que outros establecementos nos que se dedican a chipear e todo pero, ¿non son conscientes de que se as tendas máis visibles fixesen tal o negocio deixaría de selo?
De feito, incluso dende a Industria dos videoxogos están bastante mosqueados polo mercado de segunda man e o aluguer, pois non sacan tallada e afecta negativamente ás súas vendas (aínda que se non venderan as novidades a 70 euros igual a xente non tiña que agardar ás rebaixas ou mercar xogos usados).

As anécdotas das tendas de videoxogos lémbranme que o fenómeno do cliente que non sempre ten a razón se remite en case toda tenda especializada. O mellor exemplo que se me pasa pola cabeza é o das tendas de comics. Aínda lembro cando era pequeno e ía a Komic en Santiago, que era raro que non entrase alguén a preguntar por material de papelería (finalmente decidiron vendelo, pois teñen unha escola enfronte).
A Tanxencias tamén chegan despistados de cando en vez, que non se decatan de que están a entrar nun templo friki e pensan que nas librarías especializadas teñen as coleccións completas de Astérix e Lucky Luke, aínda que dan máis pena os que entran para comprar un agasallo de cumpreanos ou algo semellante. Menos mal que para iso as editoriais teñen a ben reeditar constantemente obras coma Watchmen, Dark Knight ou V de Vendetta.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • San Diego Comic-Con, tráilers a mogollón

    Unha ano máis a Comic-Con de San Diego confirmou que xa non é un evento centrado na banda deseñada, senón na industria do lecer en xeral, de xeito que...
  • Unha semana para Wonder Woman

    A primeiros de mes estreouse nunha chea de países o filme de Wonder Woman, polo que levo moitos meses esperando con ilusión, principalmente para poder comprobar se queda esperanza...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...
  • Supergirl promociona o filme de Wonder Woman

    A pasada noite a serie de televisión de Supergirl despediu a súa segunda tempada, e aproveitaron a ocasión para facer publicidade do novo filme de Wonder Woman protagonizado por...