Nokia segue a facer móbiles resistentes

En termos de resistencia os móbiles de Nokia sempre tiveron sona, e coa chegada dos smartphones de grande pantalla parece que continúan a facer os deberes segundo podemos ver...

En termos de resistencia os móbiles de Nokia sempre tiveron sona, e coa chegada dos smartphones de grande pantalla parece que continúan a facer os deberes segundo podemos ver nas probas de caída que fixeron dende PhoneBuff.

Fíxome moita graza o detalle de que se empregue ao pequeno sobriño de David Rahimi para ver unha auténtica caída accidental do móbil dende unha altura media. Ao final creo que a conclusión é clara: o Nokia Lumia 920 non só é un tanque en peso e tamaño, senón tamén en resistencia. Parece que os golpes e caídas só o afectan de xeito cosmético, polo que a xente que maltrate o seu móbil debería optar polo modelo en negro. [icon icon=”0034.png”][/icon]

O Nokia Lumia 920 chegará este mes a España, e en The Phone House permiten inscribirse para recibir unha mensaxe cando estea dispoñible (coido que vai ser a partires do día 20, que é cando chegan a meirande parte dos móbiles con Windows Phone 8 a Europa).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...