En termos de resistencia os móbiles de Nokia sempre tiveron sona, e coa chegada dos smartphones de grande pantalla parece que continúan a facer os deberes segundo podemos ver nas probas de caída que fixeron dende PhoneBuff.
Fíxome moita graza o detalle de que se empregue ao pequeno sobriño de David Rahimi para ver unha auténtica caída accidental do móbil dende unha altura media. Ao final creo que a conclusión é clara: o Nokia Lumia 920 non só é un tanque en peso e tamaño, senón tamén en resistencia. Parece que os golpes e caídas só o afectan de xeito cosmético, polo que a xente que maltrate o seu móbil debería optar polo modelo en negro. [icon icon=”0034.png”][/icon]
O Nokia Lumia 920 chegará este mes a España, e en The Phone House permiten inscribirse para recibir unha mensaxe cando estea dispoñible (coido que vai ser a partires do día 20, que é cando chegan a meirande parte dos móbiles con Windows Phone 8 a Europa).
Debe estar conectado para enviar un comentario.