12 do 12 do DOCE

Hoxe é un día especial para a Organización Nacional de Cegos de España (ONCE), pois aproveitan a coincidencia da data (once do once) para celebrar un sorteo extraordinario, que...

Hoxe é un día especial para a Organización Nacional de Cegos de España (ONCE), pois aproveitan a coincidencia da data (once do once) para celebrar un sorteo extraordinario, que o ano pasado era especialmente rechamente por ser un 11 do 11 do 2011, e xa daquela chegoume unha idea que espero que este ano recolla alguén e a aproveite: celebrar o mes que vén o 12 do 12 do 12.

Coido que a idea é bastante sinxela, e dende tendas de larpeiradas e confiterías ata organizacións de promoción dalgún produto gastronómico con demoninación de orixe poderían aproveitar a data máis doce do ano para celebrar algo especial. Poderíase instar á xente a que levase algún produto doce ao traballo ou á escola para papalo ese día ás 12:12 horas, o que sería 5 veces doce (doce5). ¿Alguén se apunta a facer algo así?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS