Nos últimos días estivo a arrasar na Rede (vai camiño dos 4 millóns de reproducións) un vídeo de Patrick Boivin no podemos ver a un bebé loitando contra un dragón de veludo, aínda que hai un detalle que me molestou un chisco, que é que todo o mundo atribúe a homenaxe a Kill Bill, cando a roupa que leva o cativo é orixinal de Bruce Lee:
A película na que levaba tal traxe era Xogo coa Morte, o derradeiro filme de Lee (de feito, faleceu durante a rodaxe), e aínda que foi un puntazo que Tarantino decidise que levase tal vestimenta Beatrix Kiddo en Kill Bill, é de xustiza lembrar ao pequeno dragón, así como o seu mítico combate con Kareem Adbul-Jabbar:
Se preferides a secuencia do pequerrecho, en dito caso coido que ides gozar igualmente da peza na que vese unha parodia semellante homenaxeando a Iron Man:
Debe estar conectado para enviar un comentario.