Son Goku contra Misifú… ¡en cines!

Aínda que xa pasaron 18 anos da derrota de Bu por parte de Son Goku e os seus amigos, as aventura deste universo resístense a deixarnos, e o ano...

La Batalla de los Dioses

Aínda que xa pasaron 18 anos da derrota de Bu por parte de Son Goku e os seus amigos, as aventura deste universo resístense a deixarnos, e o ano pasado estreouse no Xapón a película Dragon Ball Z: La Batalla de los Dioses, que finalmente chegará este mes aos cines españois, incluíndo ás salas de Cinesa en Marineda City, onde a película proxectarase os días 19, 20, 21 e 22 ás 17:15 horas, para fortuna dos seareiros galegos que por unha vez poderemos ver unha destas películas en pantalla grande.

A historia sitúase despois da mencionada derrota de Bu, cando esperta o deus da destrución Bills, un malvado con forma felina e o poder de aniquilar planetas enteiros, que busca enfrontarse a un superguerreiro deus, que é a fusión de varios superguerreiros, dando lugar a unha trama bastante típica na saga, na que resulta inevitable ver a Son Goku repartindo paus co malvado nun combate que, de desenvolverse na serie de televisión, duraría cousa dun mes, pero que ao estar ante un filme de 85 minutos será bastante máis dixerible.

Vaia, que moi boa pinta no ten a produción, pero a oportunidade de ver As Bolas Máxicas no cine pode pagar a pena.

Aínda que ter que tragar o audio en español en vez de en galego…

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS