Esta semana Amorín deu conta en PixFans do vídeo Tú me pixeleas de Chip Torres (que vai camiño dos 2 millóns de reproducións en YouTube), co que descubrín a un personaxe que é todo un fenómeno en México, e conseguiu certa sona grazas ao seu xeito de dar a nota na Rede con cancións como Te voy a dar un byte, que pareceume que era a súa peza máis significativa, e que serve para saber de que vai todo isto.
Resulta que o alarde de produtos tecnolóxicos que aparecen no vídeo musical de Chip Torres non é máis que un xeito divertido e orixinal de promocionar a cadea de tendas Plaza de la Tecnología (con 17 sucursais por todo México), que recorreu ao talento de La Gran Royal, uns profesionais da comedia feita á medida, entre os que destacan vídeos de baixo custo con certa forza viral (o seu Quiero Ir Al Antro superou os 3 millóns de reproducións). Un excelente exemplo do que a imaxinación pode facer para suplir a falta de orzamento nunha campaña publicitaria.