Facer risa dos fanboys que defenden a morte os cambiantes argumentos comerciais de Apple tivo o seu aquel no vídeo titulado Shit Apple Fanatics Say, e agora temos a súa contrapartida con Android, dando lugar a situacións que dentro do contorno friki-tecnolóxico son máis frecuentes do que sería desexable. Iso si, algunhas das frases que solta o actor do vídeo son bastante simpáticas (aínda que as situacións nas que as solte resulten principalmente patéticas).
Ese tipo de fanatismos téñoos visto con terminais BlackBerry (confeso que hai xa bastantes meses), e agora estou a agardar a que pase o mesmo con dispositivos con Windows Phone. Os fabricantes de tecnoloxía, ¿terán guionistas que preparen os seus argumentarios coma se fosen partidos políticos para dar pé aos enfrontamentos dialécticos entre os seus seguidores máis fanáticos? ¿Pasaría algún fabricante a proba da hemeroteca?
E se non chegou con rir dos fanáticos de Android, velaquí o vídeo que se metía cos de Apple:
A segunda parte tamén está bastante ben:
Debe estar conectado para enviar un comentario.