«Cariño, he encogido el iPad»

Adiantándose á presentación do iPhone 5 a xente de Mondo preparou un divertido vídeo, e agora repiten a historia cunha divertida pelea de galos entre a pantasma de Steve...

Adiantándose á presentación do iPhone 5 a xente de Mondo preparou un divertido vídeo, e agora repiten a historia cunha divertida pelea de galos entre a pantasma de Steve Jobs e Jeff Bezos, o fundador de Amazon, considerando por moitos como o novo Steve no que a presentacións públicas se refire.

[content_right title=”Jeff Bezos”][pullquote]You’re reminiscin’ of
Rick Moranis in “Honey
I Shrunk the iPad”[/pullquote][/content_right]Podemos ver o vídeo de distintos xeitos, pero con independencia do bando que tomemos, o que parece estar claro é que o iPad mini (que algúns din que podería chamarse iPad Air ou algún outro nome alternativo para dar a nota) está totalmente en contra das teses que defendía Apple hai 2 anos, ao igual que o iPhone 5 tumba o que Jobs dicía hai preto de 6 anos ao presentar o primeiro iPhone. Apple está a mudar de criterios, colocando antes o negocio que o produto, o que é o normal nunha empresa, pero non é o que a compañía de Cupertino vendía.

Se esta tarde Apple presenta un iPad mini e unha versión do novo iPad con conector Lightning como se está a rumorear teriamos confirmada unha tendencia: Apple fai cada vez máis cartos a costa da súa imaxe. A compañía da mazá está masificando as vendas, pero perdendo o seu atractivo (aínda que a inercia garántelle bos resultados durante moitos meses, polo que ten moita cancha no caso de querer corrixir o seu rumbo no futuro). Nada que pasase desapercibido para os maqueiros de toda a vida (que puideron ver como Apple mataba a marca Mac para optar por iOSificar o seu ecosistema).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Jon Secada no Luar

    E se Jon Secada fose un youtubeiro?

    O 13 de setembro foi un día moi especial na Televisión de Galicia xa que volveu á grella da programación o programa Luar contando coa presenza excepcional de Jon...
  • Os Vingadores non iniciaron o lume

    A capacidade de mobilización que teñen os grandes programas de televisión nos EE.UU. non deixa de sorprender, principalmente porque manteñen o seu pulo no tempo, cando en España hai...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • O Banjo Fantástico

    Chámase Ollie, ten un banjo, e tras facer unha chea de versións de música de videoxogos como Out Run, Street Fighter II ou Tetris, inicia unha nova serie de...