Movie 43

A pasada noite chegoume por e-mail un anuncio da MTV dicindo que estreaban en primicia o trailer da película Movie 43 e boteille un ollo. Quedei alucinado non polo...

A pasada noite chegoume por e-mail un anuncio da MTV dicindo que estreaban en primicia o trailer da película Movie 43 e boteille un ollo. Quedei alucinado non polo humor brutal, senón pola cantidade de actores e actrices de certa sona que saen no vídeo e non logro saber como alguén foi quen de xuntar a tantos nun único filme. ¡Se só falta Luís Tosar!

Mirei un pouco máis e atopei unha versión en YouTube subtitulada en español e publicada hai varios días (vaia, que o da primicia da MTV era de hai máis dunha semana e o vídeo xa anda rulando por todas partes) e tamén vin que a súa data de estrea nos EE.UU. será o 25 de xaneiro (dubido que chegue a España antes de febreiro), pero xa teño ganas de ver esa burrada que xunta a artistas tan distintos como Hugh Jackman, Gerard Butler, Emma Stone, Elizabeth Banks, Kate Winslet, Uma Thurman, Naomi Watts, Kristen Bell, Seann William Scott, Anna Faris, Richard Gere, Halle Berry, Kate Bosworth e Christopher Mintz-Plasse, aínda que só sexa por lembrar a obra que reduce nunha unidade os graos de separación entre calquera actor de Hollywood e Kevin Bacon. 😀

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS