Semana cargada de trailers de videoxogos

Esta semana co gallo do Tokyo Game Show se presentaron moitos trailers de videoxogos altamente recomendables (os xogos e os trailers), comezando polo do anticipado Street Fighter IV (que...

Esta semana co gallo do Tokyo Game Show se presentaron moitos trailers de videoxogos altamente recomendables (os xogos e os trailers), comezando polo do anticipado Street Fighter IV (que finalmente parece que chegará a PS3, Xbox 360 e PC o 31 de xaneiro, pese a que se agardaba para antes do Nadal):

Pero se non chega con ver a personaxes clásicos coma Ken e Ryu dándose de hostias, no mesmo xénero tamén se confirmou que a saga de Tekken deixaba de ser exclusiva de Sony, polo que o Tekken 6 tamén chegará a Xbox 360:

Un trailer que chamou moito a atención foi o de Prince of Persia, pola súa elección musical (a canción Breath Me de Sia) e coidada estética:Tamén con música tristona chegou o último trailer (que parece ser o definitivo) de Spider-Man: El Reino de las Sombras:

Este xogo podería ser o primeiro xogo decente de Spider-Man en moitísimo tempo, e pese a que xa leva uns cantos trailers, parece que o seu mellor vídeo promocional e no que imitan ás películas con consellos de supervivencia que se editaban en tempo de guerra nos EE.UU.:

E xa para rematar, publicar un vídeo sobre Let’s Tap, un novo xogo para Nintendo Wii que demostra que aínda se pode innovar nas interfaces de xogo:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • En Suíza tamén hai cosplay

    Que actualmente hai convencións fikis por todo o mundo non é ningunha sorpresa, pero sorpréndeme non ter escoitado nunca falar da que montan en Basilea, pois «a Comic Con...
  • O cine friki de 2017

    Parece que imos ter un 2017 dun friki subido se atendemos ás estreas cinematográficas que, aínda que non teñen unha data totalmente pechada, quedarían aproximadamente do seguinte xeito: 13...
  • Tecnoloxía para o ano 2017

    Esta semana chamáronme do programa Área Pública da Galega para ver se podiamos facer un pequeno adianto do que será a tecnoloxía durante o ano que entra: Aínda que...
  • Agasallos tecnolóxicos na Revista Fin de Semana

    Esta mañá María Solar convidoume a facerlle unha visita polo programa A Revista Fin de Semana da Galega, para falar un pouco de tecnoloxía de cara aos agasallos de...