3 Setembro, 2012
Hoxe érgome coa nova na páxina web da Xunta dun lume extinguido no Leboreiro:
A Consellería do Medio Rural e do Mar informa da extinción dun incendio forestal rexistrado esta madrugada no municipio coruñés de Melide, parroquia de Leboreiro.
O lume iniciouse ás 22:48 horas da noite do domingo e quedou extinguido ás 8:00 horas desta mañá. Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é de 20,3 hectáreas, das cales 3 son arboradas e 17,3 rasas.
Nos traballos de extinción participaron 2 axentes forestais, 7 brigadas, 1 Grumir, 6 motobombas e 1 pala.
Esperemos que non se repitan sucesos semellantes no mes de setembro, pois parece que o bo tempo vai seguir unhas semanas, e os incendiarios nunca son benvidos.
Debe estar conectado para enviar un comentario.