Atrapados pola tecnoloxía

Esta semana descubrín unha serie de vídeos musicais de Mondo (a xente que fai os Happy Tree Friends) chamada Trapped In Technology coa que botei unhas boas risotadas. Esta...

Printer Jam
Esta semana descubrín unha serie de vídeos musicais de Mondo (a xente que fai os Happy Tree Friends) chamada Trapped In Technology coa que botei unhas boas risotadas. Esta carallada botou a andar en xuño cun tema dedicado á Internet e que servía así de episodio piloto:

Pero coido que Trapped In Technology chegou a un nivel moi superior na súa quinta entrega, ao cantarlle unha canción ás impresoras, eses dispositivos odiados por todos cando se lles atasca o papel ou quedan sen tinta:

Tamén teñen cancións sobre os famosos da Internet (que ninguén recoñece pola rúa), os enganchados aos xogos de rol en liña (tipo World of Warcraft) e mesmo os que fan pagar ao seu móbil a base de hostias os problemas da súa vida. ¡Xa me tarda o vindeiro episodio!

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • Os Vingadores non iniciaron o lume

    A capacidade de mobilización que teñen os grandes programas de televisión nos EE.UU. non deixa de sorprender, principalmente porque manteñen o seu pulo no tempo, cando en España hai...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • O podcasting posto en valor

    Hai algo máis dun ano os oíntes do podcast La Órbita de Endor (LODE) coñecemos un experimento de iVoox a través do que ofrecíanse subscricións de pagamento, e finalmente...